|
Novas
|
|
Escrito por Txichón
|
|
Xoves, 11 Febreiro 2010 11:29 |
|
A Federación Española de Baloncesto fixo chegar hoxe aos clubes o calendario para a segunda fase da Adecco LEB plata, que disputaremos no grupo 2. O derradeiro clasificado deste grupo descenderá á Liga EBA e o primeiro clasificado aspirará ao ascenso á Adecco LEB Oro. Para este segundo grupo arrastranse os resultados cos rivais directos da primeira fase, co que escomenzamos con tres victorias, en cuarta posición.
Debutaremos contra o Qalat Cajasol, filial do Cajasol ACB, en Sevilla o 19 de Entroido. Jose Luis Merino, trala sua exhibición no partido de Tarragona, reencontrarase co equipo que o veu nacer coma xogador. Será o reencontro tamén dos Posse e Pantín con Joan Sastre, xogador que marabillou na liga sub20 do ano pasado. Outro aliciente será ver ao checo Tomás Sartoransky, un base alto con moito espectáculo na sua man e que é considerado un dos mellores "prospects" europeos.
Teremos que agardar ao 26 de Entroido para ver aos nosos, co máis que posible debut de Marcus Wilson, na nosa cancha contra o Fontedonos Carrefour El Boulevard Ávila. Desexamos que a nosa cancha sexa a "Bombonera" dos mellores tempos para que poucas victorias poidan escapar.
Sempre Rosa!!
|
|
Última actualizaciónfeita en Xoves, 11 Febreiro 2010 14:05 |