|
Novas
|
|
Escrito por Rosalía
|
|
Martes, 01 Decembro 2009 11:27 |
|
Esta mañá a Federación Galega de Baloncesto fixo públicas, por medio da súa páxina web, as listas dos xogadores que competirán no Campionato de España de Seleccións Autónomicas coas seleccións galegas en categoría infantil e cadete. E o CBI Rosalía non pode estar máis orgulloso, xa que dous xogadores das categorías inferiores se fixeron un sitio nestas seleccións. José Carlos García, formará parte da liña exterior da Selección Galega Infantil Masculina namentres que Fernando Lago fará o propio coa Selección Galega Cadete Masculina. Estes dous xogadores tentarán axudar a estes combinados a conseguir o mellor resultado posible nun Campionato de España que se celebrará en Zaragoza entre o 4 e o 10 de xaneiro do vindeiro ano 2010. Mais José Carlos e Fernando non supoñen a única presenza nas seleccións para o Rosalía, pois os adestradores da base Ángel Castro e Álvaro Abuín desempeñarán os papeis de primeiro adestrador e delegado da Selección Galega Infantil Masculina. Noraboa para eles e moita sorte no Campionato dende o CBI Rosalía.
|
|
Última actualizaciónfeita en Martes, 01 Decembro 2009 11:30 |