|
Novas
|
|
Escrito por Rosalía
|
|
Luns, 30 Novembro 2009 18:20 |
|
Francisco Rodríguez "Cuco", segundo adestrador e preparador físico do primeiro equipo do Beirasar Rosalía formará parte do corpo técnico da Selección Española U16 que participará no Torneo Íscar que se disputará nesta mesma localidade vallisoletana entre os días 5 e 8 de decembro. "Cuco", que xa formaba parte da selección desta mesma categoría que conseguiu o ouro no Europeo de Lituania, repetirá función como preparador físico dun combinado dirixido por Manolo Aller e onde destaca a perla do Joventut Albert Homs que xa adestra co equipo ACB. Esta selección enfrontarase as seleccións de Portugal, Polonia e Rusia para logo disputar as finais en caso de pasar a esta fase. Este torneo é unha das moitas actividades preparatorias que esta selección ten prevista na súa preparación para o Europeo do 2010 que se disputará en Montenegro. Desde o Rosalía desexámoslle sorte a el e ó seu equipo.
|