|
Novas
|
|
Escrito por Álvaro Abuín
|
|
Sábado, 28 Novembro 2009 01:30 |
O Beirasar Rosalía colleitou hoxe unha traballada victoria por 80-74 ante un ADT Tarragona que viña como colista do grupo A da Adecco Plata. O partido comezou igualado e cun Antonio Pantín enchufado en ataque con 6 puntos e na faceta reboteadora con 3 rebotes. Chegaríase ó primeiro cuarto cun 18-14 que deixaba clara unha boa defensa dos locais. Durante o segundo cuarto saliría a relucir a estela da canteira con 5 puntos consecutivos de Pablo Posse que acompañado por un bo Erik Kangas. Por parte do ADT era Ronald Thompson quen con 7 puntos, 4 rebotes e 4 faltas recibidas creaba problemas debaixo do aro do Rosalía.
E como xa nos ten acostumados, logo do descanso, Anthony Vereen, con 15 puntos no terceiro cuarto, rompería o 37-34 da primeira parte para adiantar ó Rosalía por 16 puntos cun 50-34. Sen embargo os de Tarragona non doblegaron fácilmente e por medio do estadounidense Thompson e dous triples consecutivos de Xavi Guirao (14 puntos neste cuarto) nos lances finais do cuarto, acercaríanse no marcador para deixalo 58-52 ó remate do mesmo.
Durante o derradeiro periodo Xavi Guirao volvía arrollador e tras unha serie de penetracións empataría o partido 65 a 65. Sen embargo os de César Iglesias reaccionarían tras un tempo morto deste e rematarían o encontro cun doce final deixando o eléctronico en 80 a 74. Unha vez Anthony Vereen foi o máis destacado no apartado estadístico con 24 puntos e 6 rebotes para 30 de valoración, aínda que foi ben secundado polos 18 puntos do seu compañeiro Erik Kangas.
|
|
Última actualizaciónfeita en Sábado, 28 Novembro 2009 01:32 |