| Xornada agridoce para a base |
|
|
|
| Artigos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Escrito por alvaro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Martes, 22 Setembro 2009 13:58 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Na xornada do sábado tres equipos do Rosalía comezaron a competición baloncestística. Marín Peixe Galego 91- Caixanova Rosalía 62 ( Fase Especial infantil) O máis madrugador foi o equipo infantil A que desputaba o seu primeiro partido da Fase Especial da Liga Galega ante un sempre competitivo Marín. Os nosos infantiles comezaron igualados e durante os cinco primeiros minutos lograron vantaxes de ata catro puntos. Sen embargo os xogadores do Peixe Galego non perdonaron os continuos erros defensivos que cometeron os nosos e pronto se marcharon no marcador para acabar a primeira parte cun abultado 51-24. Tralo descanso os de Ángel Castro e Álvaro Abuin comezaron unha reacción liderada por Mateo e Pablo que pronto foi neutralizada polos pontevedreses trala quinta falta personal do segundo. Así os continuos cambios e instruccións dos adestradores non evitaron que os nosos foran catapultados ata a derrota por un abultado 91-62. Na próxima xornada os nosos enfróntanse ao Artai de Carballo. Caixanova Rosalía 92 - BCA 68 (Fase Especial cadete) Os seguintes en saltar á pista foron os cadetes que tantas expectativas veñen levantando durante a pretemporada, e estes fixerono como locais no pavillón do Instituto Rosalía de Castro. E o equipo que tamén adestra o santiagués Ángel Castro coa axuda de "Quechu" colleitou unha abultada victoria por 92-68 no que era o comezo da Fase Especial en categoría cadete. C.B. Vigo 81- Forjasa Rosalía 72 (1ª Nacional) No Berbés de Vigo tivo lugar o outro partido dos equipos rosalianos na xornada do sábado.
Ás 18:30 comezou un partido que se iniciou cun gran parcial do C.B. Vigo, sen embargo Abel Marcos Soares "Txichón" matíñase tranquilo dende a banda xa que confiaba nos seus. E os xogadores que adestra non tardaron en darlle a razón empatando un partido que comezara con dificultades. O equipo notaba a falta de Marek Soucek (concentrado con equipo de LEB Plata) baixo os aros, sen embargo o Forjasa Rosalía tirou dos seus homes exteriores como Antón Rodríguez, Dani Fuentes, o junior Pablo Varela ou Andrés Sanmartín. Así chegábase a uns últimos minutos axustados onde o Rosalía gozaba de dous puntos de vantaxe a falta de 24 segundos. Sen embargo un xogador vigués logrou anotar tras uns pasos moi claros e deixaba tres segundos para que os santiagueses puideran gañar o partido. E o encargado de realizar o último tiro foi o junior Pablo Varela que non puido lanzar comodamente logo de que lle fixeran unha falta que o árbitro non pitou. Caixanova Rosalía 66- Peleteiro 83 ( Fase Especial junior) A xornada dos nosos equipos de base pechárona os junior de César Fernández que están a disputar a Fase Especial nesa mesma categoría. Os nosos non puideron colleitar unha nova victoria como locais na tarde do domingo e o electrónico reflexou un 66-83 no que era o derbi contra Peleteiro. O Rosalía foi por debaixo no marcador en todo momento e a imaxe que os nosos xogadores deron non estivo á altura do agardado, dados os continuos despistes en defensa. O único que se salvou da condena final foi Manuel García que coa súa entrega e traballo (e iso que estaba tocado) volveu poñer a nota positiva no encontro dos junior. O próximo domingo o equipo viaxará a Ferrol onde se enfrontará co C.B. Ferrol.
Powered by !JoomlaComment 3.26
3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Última actualizaciónfeita en Martes, 29 Setembro 2009 20:52 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||