|
Novas
|
|
Escrito por Administrator
|
|
Sábado, 19 Setembro 2009 21:15 |
|
O Rosalia chegou a un acordo para incorporar
ao seu equipo ao ala-pívot de Trinidad e Tobago Adrian Joseph. Debido á súa nacionalidade, non ocupa praza de extracomunitario, senon de cotonou.
Adrian Joseph, ala-pivot de 2,00 metros e 24 anos (28-08-1984). Natural
de San Fernando, unha poboación situada na illa caribeña de Trinidad e
Tobago. De formación norteamericana, xa destacou na época de HS coa
Brewster Academy na que foi escollido no primeiro equipo da súa
Conferencia en New England mercé a unhas destacadas medias de 17,5
puntos, 11 rebotes e 4 asistencias. Provén directamente da NCAA que completou o seu ciclo universitario de
4 anos nos Cavaliers da Universidade de Virginia. No seu ano senior
aportou ao equipo case 10 puntos e 6 rebotes por partido.
Adrian Joseph, é un xogador polivalente, que pode xogar de cara ao aro
e que na universidade xogaba de falso catro, saíndo da zona e anotando
tiros exteriores onde era o segundo xogador do equipo que máis triplos
ensaiaba (154 en toda a tempada cun 36% de acerto). Con esta fichaxe, o clube da por pechadas as incorporacións a este plantel. 
|
|
Última actualizaciónfeita en Martes, 03 Novembro 2009 12:20 |