Martes, 07 de Setembro do 2010
Inicio

Campus de Baloncesto "Rosalia de Castro"


     Do próximo día 28 de xuño ao 2 de xullo, celebrarase outro ano máis o Campus de Baloncesto 'Rosalia de Castro' ', un campus de baloncesto e actividades deportivas, clases de inglés, piscina, obradoiros e visita ao aquapark de Cerceda. Ademáis regalarese a tódolos rapaces material deportivo: mochila, equipacion reversible e gorra. Deseñado para os rapaces entre 9 a 16 anos. As actividades realizaranse no pavillón do Restollal, en horario de 9.45 a 20.00 h(Con saida de autobuses dende o instituto Rosalia de Castro).


INSCRIPCION NO CAMPUS DE BALONCESTO 'ROSALIA DE CASTRO'

BLOG DO CAMPUS DE BALONCESTO 'ROSALIA DE CASTRO'




Campamento Urbano - Santiago 2010


ULTIMAS PRAZAS E ULTIMOS DIAS DE INSCRIPCIÓN

<5 PRAZAS INFANTIL (TÓDALAS QUENDAS): (NENOS NADOS 2006-2005-2004)

<5 PRAZAS (2ª QUENDA): NENOS NADOS 2003-1996


Datas e QuendasPrazas e Horarios
PrezosO prezo inclúeActividades
Do 28 de Xuño ao 30 de Xullo, excluíndo
fins de semana e festivos
Quendas do 28 de Xuño ao 16 de Xullo e
do 19 ao 30 de Xullo, podendo facer
ambas.

80 para estudantes de Primaria e ESO

50 para estudantes de Infantil

De 4 a 15 anos

De 8,15 a 14,30 h.

Primeira quenda: 160 €
Segunda quenda: 120 €
Dúas quendas: 200 €
Cada rapaz-a recibirá un paquete de
benvida composto por unha
identificación, unha gorra, dúas
camisolas e mochila.
Desprazamentos en bus.
Pequeno Almorzo diario
Inglés, Capoeira, Tai Chi, Aeróbic, Xogos
populares, Danzas do Mundo,
Manualidades, Informática, Iniciación
deportiva.
Visita ao Aquapark de Cerceda (só os
nenos e nenas de Primaria e Secundaria).
Sempre cos mellores técnicos!!


INSCRIPCION NO CAMPAMENTO URBANO - SANTIAGO 2010

BLOG DO CAMPAMENTO URBANO




Xa temos Calendario para a Segunda Fase da LEB Plata PDF Imprimir Correo-e
Novas

A Federación Española de Baloncesto fixo chegar hoxe aos clubes o calendario para a segunda fase da Adecco LEB plata, que disputaremos no grupo 2. O derradeiro clasificado deste grupo descenderá á Liga EBA e o primeiro clasificado aspirará ao ascenso á Adecco LEB Oro. Para este segundo grupo arrastranse os resultados cos rivais directos da primeira fase, co que escomenzamos con tres victorias, en cuarta posición.

Debutaremos contra o Qalat Cajasol, filial do Cajasol ACB, en Sevilla o 19 de Entroido. Jose Luis Merino, trala sua exhibición no partido de Tarragona, reencontrarase co equipo que o veu nacer coma xogador. Será o reencontro tamén dos Posse e Pantín con Joan Sastre, xogador que marabillou na liga sub20 do ano pasado. Outro aliciente será ver ao checo Tomás Sartoransky, un base alto con moito espectáculo na sua man e que é considerado un dos mellores "prospects" europeos.

Teremos que agardar ao 26 de Entroido para ver aos nosos, co máis que posible debut de Marcus Wilson, na nosa cancha contra o Fontedonos Carrefour El Boulevard Ávila. Desexamos que a nosa cancha sexa a "Bombonera" dos mellores tempos para que poucas victorias poidan escapar.

Sempre Rosa!!

Attachments:
FileDescriciónFile sizeÚltima Modificación
Download this file (Calendario Grupo '2'.pdf)Calendario Grupo '2'.pdf 21 Kb11/02/10 14:11
 
Marcus Wilson nova fichaxe do Beirasar Rosalía PDF Imprimir Correo-e
Novas

El Beirasar  Rosalía incorporará  al alero norteamericano Marcus Wilson, que la pasada temporda jugó en Tarragona de L.E.B. Plata. Es un alero que puede jugar tanto al 2 como al tres y  que reune los requisitos que en el Club colegial se buscan, experiencia, conocimiento de la liga, tiro y la capacidad de poder generar sus tiros.
Los datos de su trayectoria son:

Ler máis...
 
Volta ao Traballo do Equipo LEB Plata PDF Imprimir Correo-e
Novas

Hoxe, 4 de Entroido de 2010, o equipo LEB Plata volta ao traballo tras catro días libres. Estas minivacacións permitiron aos nosos xogadores o recuperar folgos para esta fase vital da temporada. O equipo preparará o partido contra o CB Tarragona do próximo mércores, un partido moito máis interesante do que poida parecer porque unha victoria permitiría agarda-la milagre de clasificarse para o grupo de ascenso ou, alomenos, sumar unha necesaria victoria máis para a seguinte fase.

O grupo, a excepción de Anthony Vereen que voltará mañá dos EEUU, traballa hoxe en doble sesión no Restollal. Toca dobe sesión mañá en Santa Isabel, o sábado en Rosalía e o luns en Santa Isabel. O domingo descansarán e o martes farán unha sesión previa ao viaxe.

Manterémosvos informados!!

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 16