Martes, 07 de Setembro do 2010
Inicio

Campus de Baloncesto "Rosalia de Castro"


     Do próximo día 28 de xuño ao 2 de xullo, celebrarase outro ano máis o Campus de Baloncesto 'Rosalia de Castro' ', un campus de baloncesto e actividades deportivas, clases de inglés, piscina, obradoiros e visita ao aquapark de Cerceda. Ademáis regalarese a tódolos rapaces material deportivo: mochila, equipacion reversible e gorra. Deseñado para os rapaces entre 9 a 16 anos. As actividades realizaranse no pavillón do Restollal, en horario de 9.45 a 20.00 h(Con saida de autobuses dende o instituto Rosalia de Castro).


INSCRIPCION NO CAMPUS DE BALONCESTO 'ROSALIA DE CASTRO'

BLOG DO CAMPUS DE BALONCESTO 'ROSALIA DE CASTRO'




Campamento Urbano - Santiago 2010


ULTIMAS PRAZAS E ULTIMOS DIAS DE INSCRIPCIÓN

<5 PRAZAS INFANTIL (TÓDALAS QUENDAS): (NENOS NADOS 2006-2005-2004)

<5 PRAZAS (2ª QUENDA): NENOS NADOS 2003-1996


Datas e QuendasPrazas e Horarios
PrezosO prezo inclúeActividades
Do 28 de Xuño ao 30 de Xullo, excluíndo
fins de semana e festivos
Quendas do 28 de Xuño ao 16 de Xullo e
do 19 ao 30 de Xullo, podendo facer
ambas.

80 para estudantes de Primaria e ESO

50 para estudantes de Infantil

De 4 a 15 anos

De 8,15 a 14,30 h.

Primeira quenda: 160 €
Segunda quenda: 120 €
Dúas quendas: 200 €
Cada rapaz-a recibirá un paquete de
benvida composto por unha
identificación, unha gorra, dúas
camisolas e mochila.
Desprazamentos en bus.
Pequeno Almorzo diario
Inglés, Capoeira, Tai Chi, Aeróbic, Xogos
populares, Danzas do Mundo,
Manualidades, Informática, Iniciación
deportiva.
Visita ao Aquapark de Cerceda (só os
nenos e nenas de Primaria e Secundaria).
Sempre cos mellores técnicos!!


INSCRIPCION NO CAMPAMENTO URBANO - SANTIAGO 2010

BLOG DO CAMPAMENTO URBANO




Confírmase a fichaxe de Adrian Joseph PDF Imprimir Correo-e
Novas


     O Rosalia chegou a un acordo para incorporar ao seu equipo ao ala-pívot de Trinidad e Tobago Adrian Joseph. Debido á súa nacionalidade, non ocupa praza de extracomunitario, senon de cotonou.

     Adrian Joseph, ala-pivot de 2,00 metros e 24 anos (28-08-1984). Natural de San Fernando, unha poboación situada na illa caribeña de Trinidad e Tobago. De formación norteamericana, xa destacou na época de HS coa Brewster Academy na que foi escollido no primeiro equipo da súa Conferencia en New England mercé a unhas destacadas medias de 17,5 puntos, 11 rebotes e 4 asistencias. Provén directamente da NCAA que completou o seu ciclo universitario de 4 anos nos Cavaliers da Universidade de Virginia. No seu ano senior aportou ao equipo case 10 puntos e 6 rebotes por partido.

  

     Adrian Joseph, é un xogador polivalente, que pode xogar de cara ao aro e que na universidade xogaba de falso catro, saíndo da zona e anotando tiros exteriores onde era o segundo xogador do equipo que máis triplos ensaiaba (154 en toda a tempada cun 36% de acerto). Con esta fichaxe, o clube da por pechadas as incorporacións a este plantel.


      Estadísticas:


LEB PLATA:
http://competiciones.feb.es/estadisticas/Jugador.aspx?i=473412&c=1671213&med=0

NCAA
http://sports.espn.go.com/ncb/player/profile?playerId=22207

     Video:


  

 
Adrian Joseph preto de incorporarse ao plantel do Rosalia PDF Imprimir Correo-e
Novas

     O Club Instituto Rosalía de Castro está interesado na contratación do xogador de Trinidad e Tobago Adrian Joseph. Na pasada noite estivemos ultimando os detalles do contrato, así como a documentación necesaria para que solicite o visado e poida viaxar ao noso país.

      Polo tanto, esperamos que hoxe podamos pechar definitivamente toda a operación para que a próxima semana poida viaxar a Santiago e incorporarse aos adestramentos do equipo de L.E.B. PLATA .

      Incorporamos a este xogador pola súa calidade, coñecemento da liga e pola súa polivalencia, xa que é un xogador que xoga perfectamente nas posicións de 3 e de 4.

 
Rogelio Legasa continuara no Rosalia PDF Imprimir Correo-e
Novas


     O capitán Rogelio Legasa, será o pívot do Rosalia para esta tempada. Será o único xogador que continúe tras o descenso a LEB 2. O pívot maño, aportará experiencia a un dos planteis máis xoves da categoría. Esta será a súa cuarta tempada no noso clube. O xogador chegará esta noite a Santiago para incorporarse aos adestramentos co resto dos seus compañeiros mañá mércores.



Click nas fotos para velas en tamaño completo
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 16