Venres, 10 de Setembro do 2010
Inicio

Campus de Baloncesto "Rosalia de Castro"


     Do próximo día 28 de xuño ao 2 de xullo, celebrarase outro ano máis o Campus de Baloncesto 'Rosalia de Castro' ', un campus de baloncesto e actividades deportivas, clases de inglés, piscina, obradoiros e visita ao aquapark de Cerceda. Ademáis regalarese a tódolos rapaces material deportivo: mochila, equipacion reversible e gorra. Deseñado para os rapaces entre 9 a 16 anos. As actividades realizaranse no pavillón do Restollal, en horario de 9.45 a 20.00 h(Con saida de autobuses dende o instituto Rosalia de Castro).


INSCRIPCION NO CAMPUS DE BALONCESTO 'ROSALIA DE CASTRO'

BLOG DO CAMPUS DE BALONCESTO 'ROSALIA DE CASTRO'




Campamento Urbano - Santiago 2010


ULTIMAS PRAZAS E ULTIMOS DIAS DE INSCRIPCIÓN

<5 PRAZAS INFANTIL (TÓDALAS QUENDAS): (NENOS NADOS 2006-2005-2004)

<5 PRAZAS (2ª QUENDA): NENOS NADOS 2003-1996


Datas e QuendasPrazas e Horarios
PrezosO prezo inclúeActividades
Do 28 de Xuño ao 30 de Xullo, excluíndo
fins de semana e festivos
Quendas do 28 de Xuño ao 16 de Xullo e
do 19 ao 30 de Xullo, podendo facer
ambas.

80 para estudantes de Primaria e ESO

50 para estudantes de Infantil

De 4 a 15 anos

De 8,15 a 14,30 h.

Primeira quenda: 160 €
Segunda quenda: 120 €
Dúas quendas: 200 €
Cada rapaz-a recibirá un paquete de
benvida composto por unha
identificación, unha gorra, dúas
camisolas e mochila.
Desprazamentos en bus.
Pequeno Almorzo diario
Inglés, Capoeira, Tai Chi, Aeróbic, Xogos
populares, Danzas do Mundo,
Manualidades, Informática, Iniciación
deportiva.
Visita ao Aquapark de Cerceda (só os
nenos e nenas de Primaria e Secundaria).
Sempre cos mellores técnicos!!


INSCRIPCION NO CAMPAMENTO URBANO - SANTIAGO 2010

BLOG DO CAMPAMENTO URBANO




O Beirasar lucirá camisolas co lema "La ELA existe" PDF Imprimir Correo-e
Breves

Hoxe pola mañá tivo lugar unha rolda de prensa no Instituto Rosalía onde o presidente do clube Ubaldo Rueda, o director xeral Antón Pedreira, o primeiro adestrador do equipo de Primeira Nacional Txichón Soares e os dous xogadores de LEB Plata Rogelio Legasa e Pablo Posse presentaron as camisolas coas que sairán ó quecemento do partido contra o Cajasol Córdoba 2016 que terá lugar no Pavillón do Instituto Rosalía de Castro o vindeiro venres ás 21:00. Estas camisolas levan o lema:  “La ELA existe” nunha colaboración coa Plataforma de afectados ELA. Segundo as palabras de Txichón Soares, membro da plataforma, estanse a levar a cabo unha serie de actividades con persoas do mundo do deporte e o espectáculo para afondar na loita contra unha enfermidade case descoñecida e que afecta a unhas 40.000 persoas en toda España.

Na rolda de prensa Ubaldo Rueda tamén aproveitou para dicir que o ano que vén a aposta pola base e polos xogadores formados nas categorías inferiores continuará, así mesmo, reiterouse no empeño de contar con cinco xogadores formados na cidade como é o caso do presente ó acto Pablo Posse.Rueda tamén deixou claro que esta xuventude será complementada coa veteranía, personificada no tamén presente Rogelio Legasa, de quen Ubaldo dixo que “é unha persoa dunha talla humana e deportiva incríbel”.

O presidente tamén quixo mandar unha mensaxe de apoio ó Obradoiro, que se está a xogar a permanencia na liga ACB.

 

Pola tarde os diferentes monitores e adestradores do club tamén se solidarizaron coa causa da plataforma “El ELA existe” e luciron as mesmas camisolas que vestirán os xogadores do Beirasar Rosalía nas diferentes actividades que tiveron lugar tanto do Campus Concello de Santiago, que ten lugar esta semana, como nos adestramentos dos diferentes equipos de base.

 
O Beirasar lucirá camisolas co lema "La ELA existe" PDF Imprimir Correo-e
Novas

Hoxe pola mañá tivo lugar unha rolda de prensa no Instituto Rosalía onde o presidente do clube Ubaldo Rueda, o director xeral Antón Pedreira, o primeiro adestrador do equipo de Primeira Nacional Txichón Soares e os dous xogadores de LEB Plata Rogelio Legasa e Pablo Posse presentaron as camisolas coas que sairán ó quecemento do partido contra o Cajasol Córdoba 2016 que terá lugar no Pavillón do Instituto Rosalía de Castro o vindeiro venres ás 21:00. Estas camisolas levan o lema:  “La ELA existe” nunha colaboración coa Plataforma de afectados ELA. Segundo as palabras de Txichón Soares, membro da plataforma, estanse a levar a cabo unha serie de actividades con persoas do mundo do deporte e o espectáculo para afondar na loita contra unha enfermidade case descoñecida e que afecta a unhas 40.000 persoas en toda España.

Na rolda de prensa Ubaldo Rueda tamén aproveitou para dicir que o ano que vén a aposta pola base e polos xogadores formados nas categorías inferiores continuará, así mesmo, reiterouse no empeño de contar con cinco xogadores formados na cidade como é o caso do presente ó acto Pablo Posse.Rueda tamén deixou claro que esta xuventude será complementada coa veteranía, personificada no tamén presente Rogelio Legasa, de quen Ubaldo dixo que “é unha persoa dunha talla humana e deportiva incríbel”.

O presidente tamén quixo mandar unha mensaxe de apoio ó Obradoiro, que se está a xogar a permanencia na liga ACB.

 

Pola tarde os diferentes monitores e adestradores do club tamén se solidarizaron coa causa da plataforma “La ELA existe” e luciron as mesmas camisolas que vestirán os xogadores do Beirasar Rosalía nas diferentes actividades que tiveron lugar tanto do Campus Concello de Santiago, que ten lugar esta semana, como nos adestramentos dos diferentes equipos de base.

 
O Beirasar consegue unha importante victoria en Córdoba PDF Imprimir Correo-e
Novas

O Beirasar Rosalía colleitou o pasado venres unha victoria por 97 a 100 vital nas aspiracións de eludir o descenso e rematar a tempada na parte alta da táboa no grupo B da Adecco Plata. O equipo santiagués foi quen de aguantar a alta anotación do encontro e no último cuarto deron mostras do gran potencial ofensivo do equipo anotando 36 puntos. A defensa, sen embargo, non foi o puntos forte do encontro pois os nosos encaixaron 26,27 e 27 puntos nos tres últimos cuartos. Na faceta anotadora destacaron Adrien Joseph con 18 puntos, José Luis Merino con 16, Marcus Wilson con 22 e 5 de 7 en tiros de tres puntos e o capitán Rogelio Legasa, con 16 puntos ós que engadiu 8 rebotes. Así o Rosalía queda terceiro da táboa a unha soa victoria do primeiro e segundo posto que ocupan respectivamente Alaior Menorca e Santurtzi. O próximo venres os rosalianos recibirán ó Qalat Cajasol para continuar na senda da victoria.

 

As estatísticas do encontro poden consultarse na FEB,  no seguinte enlace: http://competiciones.feb.es/estadisticas/Partido.aspx?p=666882

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 16