O vindeiro venres ás 20.30 o Beirasar Rosalía comeza a segunda volta da Adecco Leb Plata ante o CB Prat Joventut no Pavillón do Clube Instituto Rosalía de Castro. O Rosalía, cuarto clasificado, enfróntase ós sétimos na táboa aínda que tan só unha victoria os separa. O resultado na primeira volta foi 51-83 favorable ós nosos, aínda que o partido do venres será totalmente diferente.